05 de agosto de 2014
Daquela, o escenario alumeouse cos visos de color ao vento, cos movementos ondulantes dunha muller detrás dun sorriso namorador... Foi un bo gran concerto o de Juan Perro e os seus, como el mesmo dixo, "unha banda de locos creadores na noite santiaguera". Pasaron por temas de sempre e ofreceron versións mesmo dos Beatles dun xeito moi persoal. O 'Twist and Shout' dos escarabellos engaiolou e fixo que a praza tamén bailara. Aínda irían máis lonxe, ao estado norteamericano de Nova Jersey, "a un barrio de negros mirando ao sur", relatou Auserón antes de poñerse a cantar 'Flamingo' con aires nostálxicos. A xente pasouno moi moi ben...
Crítica de El Correo Gallego