Noticias


16 de junio de 2016

Santiago Auserón; seguir estudando

Foi unha primeira revisión de moitos dos seus temas cuns arranxos próximos ao jazz e que o trouxo a Compostela o 20 de outubro do 2007; naquel concerto puidemos gozar de versións moito máis adultas das súas cancións máis emblemáticas pero mantendo un formato de concerto.

E neste 2016 chegou a proposta Vagamundo coa que sobe outro banzo nese interese por explorar non só as posibilidades da súa música, tamén por coñecer as súas capacidades como cantante. Os arranxos de Amparo Edo e a dirección de Ricardo Caseiro móstrannos un universo sonoro que podería prescindir de Auserón pero que co convértese en algo adecuado aos recordos de varias xeracións. É unha viaxe ao pasado que vai moito máis lonxe dela época en que naceron as cancións, é levalas ás primeiras décadas do século XX.

Santiago Auserón non é un cantante de ópera, iso é evidente, nin sequera é un crooner solvente pero tampouco o necesita. É un vocalista que se esforza ata o límite por facer as cousas ben e cando chegan as pezas máis coñecidas xa che esqueciches de todo e estás metido de cheo nos seus recordos e nos teus.

Queda moito a este músico por mostrar, son moitas as cancións que admiten os arranxos de Amparo Edo e haberá que estar moi atentos ao que veña a partir de agora, polo momento regaláronnos, de novo, unha noite inesquecible, A guinda unha peza inedita adicada aos emigrantes e que ten por titulo "El desterrado".

Publicado en el Blog Lindeiros